E aquí estades, dispostos a abandoarnos para comezar unha nova etapa da vosa vida noutro centro diferente e empezar a buscar cadaquén o seu camiño. Xa vos adianto que será unha etapa bonita na que faredes novas amistades e iredes perdendo outras. Aos que quedamos atrás tamén nos iredes esquecendo pois a memoria ten esa capacidade de ser selectiva.
Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. Hoxe teredes unha mistura de sentementos contradictorios: ilusión porque empezades outra etapa, medo por deixar un centro no que levades toda a vida, ledicia por perdernos de vista a outros, en fin... Só vos digo que vosa vida ven de empezar, que sempre sexades críticos, é dicir, que non creades sempre o que vos dín nen o que sae nos medios de comunicación (internet incluido), que intentedes ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e que loitedes sempre polos vosos soños.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos… e intentade facer algo de deporte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario