A actividade de rafting prevista para o día 25 de xuño queda suspendida definitivamente por estar castigado o grupo de 3º de ESO e ser poucos entre o outro terceiro e 4º de ESO. Sexa xusto ou non a sanción o certo é que non é a primeira vez que hai problemas deste tipo con vós, e a verdade é que non dades aprendido. Teriades que facer unha análise da vosa actitude tendo en conta que o vindeiro curso tedes a excursión de fin de curso de 4º de ESO.
Respecto á acampada na 1ª avaliación xa avisei aos 1º de ESO que de persistir na actitude que amosan habitualmente (desobedientes, respondones, irrespestuosos cos compañeiros.....) non ía haber a acampada a final de curso. Soamente estou cumprindo o que dixen naquel intre.
Gustaríame que entenderades que as saídas que programa o departamento de EF non son obrigatorias. Fágoas pensando en vós porque me parecen importantes para a vosa formación como persoas, pero preciso de algo de complicidade con vós, CONFIAR EN VÓS. É difícil saír do centro sen confiar no alumnado e este curso foi duro nese aspecto. PENSADE NA PARTE QUE TEDES DE RESPONSABILIDADE E TRATADE DE MELLORAR O VOSO COMPORTAMENTO E A VOSA ACTITUDE..
Ningún comentario:
Publicar un comentario