O mércores 11 de novembro celebramos no CPI de Atios o Magosto e o Samaín cos tradicionais concursos de cabazas e portas terroríficas, e con diversas actividades na biblioteca. O alumnado de EI e EP fixeron xogos populares ao longo da mañá e o alumnado de ESO realizou unha xincana con pistas e probas preparadas polos diferentes departamentos.
A partir das 12:30 todo o centro adicouse a recoller e comer as castañas e beber o leite coa inestimable colaboración da ANPA do centro. Espero que todos vos divertirades coa celebración desta festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario