
Este xoves 17 de marzo celebrouse no CPI de Atios o VII Torneo de Xadrez, os partipantes foron 76 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa participación e o voso comportamento durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE RARO que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Iván Luaces Rodríguez
2º Clasificado: Lucía García Aneiros
3º Clasificado: Andrés Vilaboy Naveiras
4º Clasificado: Anxo Sanjurjo Díaz
Mellor alumna clasificada: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de Primaria: Martín Díaz Fernández
Mellor clasificado de 3º de EP: Irene Rodríguez Martín
Mellor clasificado de 4º de EP: Gabriel Casal Veiga
Mellor clasificado de 5º de EP: Martín Díaz Fernández
Mellor clasificado de 6º de EP: David Bacorelle Veiga
Mellor clasificado de 1º de ESO: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de 2º de ESO: Adrián Méndez García
Deixovos un enlace coas clasificacións finais dos dous grupos Carlsen e Anand da 1º Fase e a clasificación final do grupo Smyslow . Se alguén ten interes en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.
Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar e axudarme na recollida de todo. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.