11 de marzo de 2016

SESIÓNS TIRO CON ARCO 6º EP

O alumnado de 6º de Educación Primaria está a desenrolar dende o día 01 de marzo unha unidade adicada ao tiro con arco, en concreto serán catro sesións das súas clases de Educacion Física as que experimentarán co arco e as frechas, tendo con nós estes días a Anxo Grandal e a Pepe Teijeiro do Clube Arco Narón. Esta unidade en 6º de EP contémplase como unha continuación das xornadas de iniciación feitas en cursos anteriores pero adaptada ao curriculo da nosa materia. Gracias a Pepe e Anxo pola súa labor altruista e ao alumnado que desfrute e aproveite para coñecer eses outros deportes minoritarios que non existen na televisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario