O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do xoves 17 de marzo no
ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto
toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa
non irá a nengunha clase ese día.
Hai 76 alumn@s anotados
entre Primaria e Secundaria. O torneo terá lugar en dúas fases de catro rondas e se xogará sempre contra rivais do
mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número
de victorias ou derrotas ca nós. Na
primeira fase clasificaranse os 15 primeiros de cada grupo para a segunda
fase que constara só dun grupo de 30 xogador@s que xogará outras 4 rondas.
O tempo para cada partida
é limitado (30 minutos aproximadamente).
No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das
pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as
mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada
victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
1ª FASE: (GRUPO ANAND / GRUPO CARLSEN)
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15
2ª FASE (FINAL – OS 15 PRIMEIROS DE CADA GRUPO)
1ª Ronda: 12:15
2ª Ronda: 12:45
3ª Ronda: 13:15
4ª Ronda: 13:45
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario