O xoves 14 e o venres 15 de abril voltaron con nós os membros do equipo de voleibol Aldebarán de San Sadurniño. Esta vez estiveron co alumnado de 3º e 4º de ESO repasando os conceptos de voleibol e aportando o seu gran de area para apoiar este deporte minoritario. Agradecer a Manolo Seco a súa iniciativa que dende o centro aceptamos encantados e aos xogadores do clube que aportaron toda a súa experiencia; e como non a vós e ao voso excelente comportamento durante estas xornadas. Xa sabedes, a practicar!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario