Durante esta semana, do 09 ao 13 de maio estaremos no ximnasio coa semana da escalada. Os cursos que queiran poderán probar e facer unha pequena iniciación á escalada subindo ao rocódromo e probando o que é facer un rápel (técnica de descenso dentro da escalada). Tamén coñeceremos o material a empregar: cordas estáticas e dinámicas, arneses, mosquetóns, oitos, gri-gris, fixacións, pés de gato...; o vocabulario a utilizar: asegurar, rapelar, dar corda....; e os nós a usar: oito, oito enliñado, as de guía.... Todo esta actividade precisa dunha grande atención porque o risco é elevado se non somos quen de levar a cabo o que nos mandan, por eso é necesario coñecer o que imos facer e comprobar reiteradamente todo o material que estamos a empregar.
Vémonos no ximnasio. Se algún profe quere animarse que pase por alí.