
Hoxe rematamos os de 2º de ESO coa actividade de surf, seguro que a todos nos quedaron ganas de máis, pero bueno, a idea de todo isto é coñecer un amplio abanico de posibilidades de actividades físicas para que vós vos quededes co que máis vos guste. Algúns de vós xa tiñades experiencia por ter ido outras veces facer surf, Espero que disfrutarades con estes dous días diferentes. Á espera de que Marcos nos envie as fotos na auga déixovos outras tres que sacamos nós. Unha en especial adicada a Sara. Agradecer tanto a Andrés coma a Mariló que vos acompañaran a aos monitores Marcos, Iago e Rufo a súa paciencia. Tamén dar as grazas a Andrés o pai de Sara que se prestou a encher o seu coche para que entre todos poidésemos facer os traslados a Pantín. Vémonos noutra....... posiblemente na acampada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario