O Departamento de Educación Física vai organizar para 4º de EP a actividade de surf os días 26 e 27 de maio de 09:35 a 13:30. A actividade de surf durará de 10 a 13 horas. O prezo da actividade é de aproximadamente 35-45 euros para pagar a actividade e o bus dos dous días. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de entre 15 a 45 participantes. Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo. A actividade inclúe o transporte ata a praia de Pantín e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf. Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas: bañador, toalla, chanclas e protector.
A data límite para entregar a autorización é o 11 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario