O torneo comezará sobre as
09:45 da mañá do xoves 23 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar
debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá
polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.
Hai 89 alumn@s anotados
entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará
sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles
que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.
O tempo para cada partida
é limitado (30 minutos aproximadamente).
No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das
pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as
mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada
victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
HORARIOS DE CADA RONDA
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15
11:45 – 12:15 DESCANSO
5ª Ronda: 12:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario