Nesta segunda avaliación rematamos de traballar co alumnado de 4º de ESO a unidade de condición física que tiñamos pendente. Sabedes que na ESO facemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e supoño que a semana que ven estará actualizado para os cursos de 3º e 4º de ESO no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba, este ano só entraron 3 de 4º de ESO na proba de velocidade (4x25 m) . Noraboa a todos, tamén aos que non estades en nengunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario