Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 78 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO
para dita actividade. Esto supón ter que levar dous autocares de 55 prazas. A
actividade terá lugar entre os días 17 e
21 de decembro (esquiando os días 18, 19, 20, e 21) na estación de Astún (Jaca,
provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores. De non haber neve
nesas datas a viaxe pospoñerase a marzo ou outra data por determinar.

O
programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios
hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de
viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e
labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak,
luvas, calcetíns (varios pares),
roupa de abrigo, DNI, copia da
tarxeta sanitaria.
A
principios de decembro (probablemente o martes día 5) teremos unha reunión coas familias para explicar con
detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota confirmando
día e data da reunión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario