28 de marzo de 2019

RESULTADOS X TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Este mércores 23 de marzo celebramos no CPI de Atios o X Torneo de Xadrez, os partipantes foron 117 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa  MASIVA participación e o voso comportamento e colaboración durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O gañador, por segundo ano consecutivo, foi Elías González. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Elías González González
2º Clasificado: Nian Fernández Freire
3º Clasificado: Cristian Díaz Gutiérrez
4º Clasificado: Martín Díaz Fernández
Mellor alumna clasificada: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de Primaria: Duarte Pantín Carmona
Mellor clasificado de 3º de EP: Hugo López Doce
Mellor clasificado de 4º de EP: Duarte Pantín Carmona
Mellor clasificado de 5º de EP: Kevin Díaz Gutiérrez
Mellor clasificado de 6º de EP: Manuel Martín López
Mellor clasificado de 1º de ESO: Gabriel Casal Veiga
Mellor clasificado de 2º de ESO: Pedro Martín González
Mellor clasificado de 3º de ESO: Nian Fernández Freire
Mellor clasificado de 4º de ESO:  Elías González González

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. Se alguén ten interese en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario