24 de marzo de 2019

MEMORIA NEVE 18-19

O venres 22 de marzo ás 05:30 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de 9 visitas á clínica: unha fractura de cúbito e radio, unha fractura do 5º metacarpiano, dúas escordaduras (unha de xeonllo e unha de pulso), un esguince cervical e catro contusións (tres de pulso e  unha no sacro); espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións deste ano é dun 10%, das cales o 67% é de alumnado que facía snow e  o 23% de alumnado que facía esquí. (ademais a maioría de lesionados de snow que se lesionaron este ano no pulso non levaban as proteccións)
En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. O tempo foi moi bo agás o luns que estivo anubrado e nevando moito a ratos. A calidade da neve foi moi boa, sobre todo o mércores. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Grazas a todos por vir. Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario