Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 80 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón levar dous autocares de 50 prazas. Este ano a actividade terá lugar entre os días
13 e 17 de decembro (esquiando os días 14, 15, 16, e 17) na
estación de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores.
O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. Existen aínda prazas libres polo que de anotarse algún alumn@ máis o prezo podería baixar. No caso de querer facer snow este ano o suplemento é de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Estamos a repartir ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe.
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.
Juanlu, que envexaaaaaaaaaaaa!!!!!
ResponderEliminarOla Luis, non vín ata hoxe o comentario, como ninguén comenta nada, je,je... Si queres aínda te podes anotar.Prazas hai aínda que este ano levamos a 84. Podes vir axudarnos.
ResponderEliminarPois a verdade é que a principio de curso me pensei en plantexarte levar aos de 6º do meu cole con vós, pero ao pouco de comezar o curso por diversos motivos descarteino. Que teñades boa viaxe e que vos acompañe a climatoloxía para disfrutar da neve. E que non haxa accidentes!!!!!
ResponderEliminarXa verei as fotos,,,
Un saudazo!!!!
Moitas grazas Luis. Sabes que cando queiras podes contar con nós para o que precises. Un abrazo.
ResponderEliminar