7 de novembro de 2015

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 80 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón levar dous autocares de 50 prazas. Este ano a actividade terá lugar entre os días 13 e 17 de decembro (esquiando os días 14, 15, 16, e 17) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores. O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. Existen aínda prazas libres polo que de anotarse algún alumn@ máis o prezo podería baixar. No caso de querer facer snow este ano o suplemento é de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Estamos a repartir ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para nevegorro e polarchándal impermeable ou similaranorak, luvascalcetíns (varios pares)roupa de abrigoDNI, copia da tarxeta sanitaria.

A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

4 comentarios:

  1. Juanlu, que envexaaaaaaaaaaaa!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Ola Luis, non vín ata hoxe o comentario, como ninguén comenta nada, je,je... Si queres aínda te podes anotar.Prazas hai aínda que este ano levamos a 84. Podes vir axudarnos.

    ResponderEliminar
  3. Pois a verdade é que a principio de curso me pensei en plantexarte levar aos de 6º do meu cole con vós, pero ao pouco de comezar o curso por diversos motivos descarteino. Que teñades boa viaxe e que vos acompañe a climatoloxía para disfrutar da neve. E que non haxa accidentes!!!!!
    Xa verei as fotos,,,
    Un saudazo!!!!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas Luis. Sabes que cando queiras podes contar con nós para o que precises. Un abrazo.

    ResponderEliminar