29 de outubro de 2013

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 59 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Imos levar un só autocar de 70 prazas. Este ano a actividade terá lugar entre os días 15 e 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron o ano pasado.

 O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. Existen aínda oito prazas libres polo que de anotarse algún alumn@ máis o prezo podería baixar. No caso de querer facer snow este ano o suplemento é só de 15 euros. A semana que vén comezaremos a repartir ó alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí. Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario