O departamento de Educación Física do CPI
Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada
dentro do Proxecto Didáctico do Dpto no Bloque Temático de Actividades no medio
natural.
Dado que outros cursos o alumnado tense
dado de baixa a última hora esta
autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha
fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa
unha causa xustificada).
A actividade realizaríase aproximadamente no mes de decembro (15-20) e
tería lugar na estación de Astún ou Candanchú no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo rondaría os 355 euros (de ser 30
alumnos) ou 315 euros (de ser 60 alumnos). A actividade estará aberta a
todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos
para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a
fianza a cada alumn@. O prazo para
entregar a autorización é ata o martes 22 de outubro. En caso de non haber alumnado suficiente
poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro.
O
programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios
hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días
de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario