9 de outubro de 2013

MATERIAL RECREOS

Hoxe colocaremos o material de lecer para os recreos a disposición do alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria. Como xa sabedes levamos varios cursos con diferentes problemas por mor sobre todo da vosa escasa implicación no coidado do material. Este ano decidimos poñer dous bauis diferentes: un para EP e outro para ESO. 

Os bauis estarán pechados ata a hora do recreo onde haberá catro alumnos en ESO responsables de abrilo e de pechalo unha vez que acabe o recreo, comprobando que esté todo o material. Pídovos a todos a vosa colaboración no coidado do material. En caso de quedar algún material fora procederase a retiralo.

O alumnado de ESO encargado deste material son os seguintes:

1º ESO - Naiara Iglesias
2º ESO - Marcos Dopico
3º ESO - Raúl Montero
4º ESO - Borja Dopico e Samuel García

Asemade están feitas unhas quendas para o uso dos diferentes espazos debido á pouca rotación que se produce neles. AS QUENDAS SON PARA CUMPLILAS!!!!!

QUENDAS RECREOS ESO



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES


PISTA FTB
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º - 2º ESO
3º - 4º ESO


PISTA FTB ASFALTO

2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º ESO
3º - 4º ESO
1º -2º ESO

PISTA BLC

3º ESO
4º ESO
1º ESO
2º ESO
 ESO

PING PONG

4º ESO
1º ESO
2º ESO
3º ESO
 ESO


Tamén aproveito para lembrar que nas clases hai diferentes xogos de mesa: xadrez, parchís.... este material pódese utilizar cando falta algún profesor.
Espero que saibades respetar o material e as instalacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario