NORMAS MATERIAL LECER ESO
1. O material de lecer para o alumnado de
ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS.
O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado
para que abra.
3. O
BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que
quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou
extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do
recreo todo o alumnado procederá a
recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar
o baúl a tempo para ir a clase. TODOS
SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e
pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira
incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl quedará pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se
compromete a acatar as directrices dos encargados. Os encargados son:
1º
ESO – Aarón Rey
2º
ESO – Ángel Sanjurjo
3º
ESO – Iria Alonso
4º
ESO – Iván Luaces
6. As mesas de ping-pong colocaranse unha
no patio da cafetería e outra no patio cuberto, na do patio cuberto só
poderedes xogar a semana que vos toca a clase de EF fóra, porque na outra
semana estarán dando clase de EF os de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.
7. O xoves pola tarde poderedes entrar a no ximnasio cumprindo as
seguintes normas:
·
Só
poden estar no ximnasio os que van xogar.
·
Non
está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga.
·
Non
se pode estar subido ás colchonetas nin xogando nelas.
·
Os
vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando
entrastes.
·
Os
encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán
Adrián García Aneiros de 3º de ESO e Adrián Collado de 4º de ESO. Ante
calqueira incidencia deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do
material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e
facer un bo uso do mesmo.
9. SE
NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO
RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES
POLA TARDE.
10. PENSADE
EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .